Samaín é un tempo de fantasía, de misterio, de defuntos e recollemento. A tradición galega é rica en historias que foron pasando de xeración en xeración e nós sempre tivemos gusto por escoitalas.
A nosa tradición está chea de meigas, de aparecidos, de lobishomes e de contos que non teñen moita explicación.
Polo Samaín botamos man de historias misteriosas e de suspense e fixemos de contacontos, seguindo o noso labor de transmisores e así o alumnado de secundaria leu aos seus compañeiros das etapas inferiores dende infantil a terceiro curso de primaria, actuando como contadores de historias.
Así, desfilaron pola biblioteca o Carabuñas, O home do saco ou A pantasma das bragas rotas que foron a ledicia de todos e de todas.



No hay comentarios:
Publicar un comentario