miércoles, 23 de marzo de 2022

Salón do libro


O 16 de marzo, o alumnado de 1º, 3º e 5º de Primaria visitou o Salón do Libro de Pontevedra. Alí divertíronse co noso lobo preferido, Orbil. Pasearon pola exposición e buscaron o noso traballo, que quedou moi bonito. Tamén participaron en obradoiros e sesións de contacontos. Antes de volver ao colexio, paseo ata o parque, merenda e moito xogo.







O noso traballo ...







Visita O Hematocrítico

 O día 18 de maio recibiremos a visita do escritor O Hematocrítico, a partires das 12 da mañán, para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria.

Co alumnado de Infantil e 1º de Primaria traballarán co libro que xa leron titulado "Un can" e co alumnado de 2º de Primaria, o libro "Feliz Feroz".


                             

                           




Visita de Teresa González Costa

 O 1 de abril contaremos coa visita da escritora  Teresa González  Costa ás 9.30 da mañá, para o alumnado de 4ª de primaria.

Comentaremos con ela o libro  "Unha abella máxica no camiño" que estamos a ler.


        

 
        



miércoles, 16 de marzo de 2022

Salón do libro

 Hoxe o alumnado de 1º, 3º e 5º de primaria van de visita ao Salón do Libro. Seguro que van desfrutar vendo os traballos dos demáis colexios e estarán orgullosos de ver o seu traballo exposto.


lunes, 14 de marzo de 2022

Obradoiros


 Hoxe o alumnado de 1º ESO teñen dous obradoiros  na biblioteca, un de "Encadernación xaponesa" e outro de "Carvado de selos", organizado polas profesoras das materias de Libre Configuración "Consumo Responsable" e ITDI. 


                                           


                       


Foron moi interesantes !!!


lunes, 7 de marzo de 2022

"Investigación dos cativos"

 Hoxe viñeron os mais cativos de Infantil á biblioteca, a  investigar e a buscar libros , imáxenes e todo o que atopasen sobre os  planetas. Foi moi divertido !