miércoles, 29 de septiembre de 2021

BENVIDA ao curso 2021-22 !

 Benvidos de novo a tod@s!

Neste curso poderemos disfrutar máis do novo espazo multidisciplinar que estreamos o curso pasado, aínda que  non poderemos utilizalo debidamente por mor das circunstancias sanitarias pero xa veremos como van as cousas ao longo do curso que esperamos que sexan boas.

Lembrade que podedes facer todo tipo de propostas para adquisición de libros e cómics, organización de actividades ou calquera outra suxestión  que se vos ocorra e que poida desenvolverse na biblioteca ou na biblioxardín.

Tedes unha folla á vosa disposición na corcheira de cada aula para que podades aportar as vosas propostas.


E non vos esquezades de que "O/A  MELLOR AMIGO/A  É UN LIBRO"  !