lunes, 20 de diciembre de 2021

Novidades

 Novo recuncho onde se expoñen e se curiosean,  as novas adquisicións para o alumnado de primaria e Infantl.



lunes, 13 de diciembre de 2021

Agasallos de Nadal

 Que mellor agasallo no Nadal que un libro.... !


Libros nos que imos  traballar, ler e disfrutar  a partir do  próximo trimestre.

miércoles, 1 de diciembre de 2021

Voluntariado en la biblio

Empezamos o mes de decembro coa axuda de tres rapazas de 2º ESO ...  e veñen moi ben para todo o traballo que se está facendo, reordenando e cambiando as etiquetas dos libros de primaria. 

Á semana seguinte,  xa tiñamos 5 rapazas mais de 1º ESO .....

Están traballando con moito entusiasmo nos recreos, que en principio era para que viñeran soamente un par de días,  pero veñen praticamente tódolos días.




miércoles, 24 de noviembre de 2021

miércoles, 17 de noviembre de 2021

Parabéns aos finalistas e gañador@s

Xa temos @s finalistas , gañadoras e gañadores do concurso de microrrelatos de medo.

              

      

                                      PARABÉNS !

miércoles, 27 de octubre de 2021

" Violencia zero "

Chega ao Toural o proxecto de acción artística "Violencia zero"  para o alumnado de 3º e 4º ESO. 

Este proxecto  desenvolvese desde o ano 2015 no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar á poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta secuela presente na sociedade.

                                                                           
   


Estas actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de
visibilización e de reflexión, para promover unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes.




miércoles, 13 de octubre de 2021

"A biblioteca escolar ten a palabra"


O lema neste curso das bibliotecas escolares é  A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, co que se quere poñer o foco nas posibilidades que os textos escritos e as produccións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento.




 

miércoles, 29 de septiembre de 2021

BENVIDA ao curso 2021-22 !

 Benvidos de novo a tod@s!

Neste curso poderemos disfrutar máis do novo espazo multidisciplinar que estreamos o curso pasado, aínda que  non poderemos utilizalo debidamente por mor das circunstancias sanitarias pero xa veremos como van as cousas ao longo do curso que esperamos que sexan boas.

Lembrade que podedes facer todo tipo de propostas para adquisición de libros e cómics, organización de actividades ou calquera outra suxestión  que se vos ocorra e que poida desenvolverse na biblioteca ou na biblioxardín.

Tedes unha folla á vosa disposición na corcheira de cada aula para que podades aportar as vosas propostas.


E non vos esquezades de que "O/A  MELLOR AMIGO/A  É UN LIBRO"  !

martes, 1 de junio de 2021

Charla con X.H. Rivadulla

O luns 31 de maio veunos visitar ao noso colexio o escritor X.H. Rivadulla Corcón.

O alumnado de 4º primaria leu previamente o seu libro" O son da buguina". Foi un encontro no patio do colexio a causa da pandemia.




Unha charla moi divertida e interesante!

martes, 25 de mayo de 2021

Charla con Eva Mejuto

 O martes 25 de abril, o alumnado de infantil e 1ª de primaria, recibiron á escritora Eva Mejuto, para disfrutar da presentación do conto "Dez gatiñas viaxeiras" traballado previamente nas aulas.


Coa escritora do conto e coa axuda das protagonistas fixemos un percorrido pola xeografía galega, xogos matemáticos e memoria. Pasámolo moi ben!

     
    


martes, 18 de mayo de 2021

Letras galegas

 O 14 de maio as aulas do Cpi do Toural convertéronse en salas de cine, desde Infantil a 4º ESO.


                                                 Actividade organizada por EDLG


O alumnado de 3º ESO elaborou un comic sobre a vida e obra de Xela, na materia de Plástica.



miércoles, 5 de mayo de 2021

María Reimondez e "A formiga destemida"


Cando lemos un libro teletransportámonos a otros mundos, poñémonos na pel de personaxes fantásticos, máxicos e especiais.


Cando lemos un libro acercámonos á mente da persoa que o fixo posible. Neste caso, por  qué unha formiga? Por qué esas aventuras? Por qué ese final?


Todas estas preguntas e moitas máis foron resoltas o mércores 5 cando por fin, puidemos coñecer a “nai” da Formiga Destemida, da súa autora, María Reimondez.


 Conectámonos por videoconferencia e para a súa sorpresa   todos e todas a recibimos con exemplares do seu libro!

                  Contounos moitas curiosidades da formiga, da súa historia, que por certo, tiña moito significado para ela porque lle recordaba a súa avoa. Contounos que ese libro o escribiu en América!

Fixemos un trofo de ideas; nós aportamos ideas para unha posible segunda parte da historia da formiga e ela deunos moitas ideas e consellos para ser escritores e escritoras coma ela.
 

              

Grazas por pasar un ratiño con nós María!




lunes, 3 de mayo de 2021

Videoconferencia: El Hematocrítico

O luns 3 de maio os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB tiveron un encontro a través de videoconferencia con EL HEMATOCRÍTICO, escritor dun dos libros traballados este curso "Axente Riciños".





Estaban moi ilusionados e non os defraudou, foi unha charla moi interesante na que  puideron facer moitas  preguntas para satisfacer a súa curiosiedade e gañas de saber máis cousas acerca do libro e o escritor. Pasárono moi ben!

viernes, 30 de abril de 2021

Charla coa escritora Rosa Aneiros


O día 30 de abril @s alumn@s de 6º de primaria, tivemos unha videooconferencia coa escritora Rosa Aneiros. 

Estivo desde a súa casa, contándonos como foi o proceso de elaboración do libro que leramos na clase "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea", no que trata o tema da migración en patera e os campos de refuxiados.





Logo houbo unha rolda de intervencións na que o alumnado aproveitou para preguntar dúbidas e cuestións diversas.  


Resultou moi interesante e foi a primeira ocasión na que todo o alumnado xunto participou nunha charla por videoconferencia. 

viernes, 23 de abril de 2021

Mais actividades para celebrar o día do libro...

 - Confección dun mural no que participaron Educacion Infantil, Primaria e profes no que cada un puxo o título do seu libro favorito.





-Visionado do conto: "O incrible neno devorador de libros" de Oliver Jeffers.


- Visionado do corto: "The fantastic Flying Books" de Mr Morris Lessmore, e posibilidade de facer actividades escritas sobre él.





-Dramatización do conto: "Maruxa"  ao alumnado de infantil polas propias profes.





I Maratón de lectura

 


Que mellor maneira para celebrar o Día do Libro que lendo.....! así que o 23 de abril fixemos a primeira maratón de lectura no Toural, onde foron pasando os diferentes grupos da ESO para compartir lecturas , relatos e poemas en castelán, galego e mesmo en inglés e francés. O profesorado tamén tivo a súa participación durante o recreo. Foi unha moi boa experiencia!




miércoles, 21 de abril de 2021

Tarabelos no Toural para celebrar o Día do Libro

 Dende os mais pequenos de infantil ata os mais grandes de 6º de primaria, disfrutamos todos co espectáculo de títeres: "Sabela e o paxaro máxico" de Tarabelos .


jueves, 15 de abril de 2021

Títeres no Toural

 O próximo mércores, para conmemorar o Día do Libro, no Toural imos disfrutar dun espectáculo de títeres desde infantil a primaria. Preparádevos !



jueves, 8 de abril de 2021

jueves, 25 de marzo de 2021

Cómo nos gusta a poesía...!

Aos nenos e nenas de 2ºB de primaria, gústanos tanto a poesía, que todos os días almorzamos con ela...verso a verso, estrofa a estrofa..., e case sen nos dar conta  xa sabemos outro poema! 
Este é un dos nosos preferidos: