viernes, 30 de abril de 2021

Charla coa escritora Rosa Aneiros


O día 30 de abril @s alumn@s de 6º de primaria, tivemos unha videooconferencia coa escritora Rosa Aneiros. 

Estivo desde a súa casa, contándonos como foi o proceso de elaboración do libro que leramos na clase "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea", no que trata o tema da migración en patera e os campos de refuxiados.





Logo houbo unha rolda de intervencións na que o alumnado aproveitou para preguntar dúbidas e cuestións diversas.  


Resultou moi interesante e foi a primeira ocasión na que todo o alumnado xunto participou nunha charla por videoconferencia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario