viernes, 25 de noviembre de 2022

Actividades "DÍA DA NON VIOLENCIA DA MULLER"

 CONTACONTOS

         O alumnado de Primaria disfrutou da actuación de Cris de Caldas, para conmemorar o Día da  Non violencia da muller.









MURAL DE PALABRAS





martes, 22 de noviembre de 2022

Día da Música

Para conmermorar o Día internacional da Música, varios alumnos e alumnas fixéronnos disfrutar da música coa  súa interpretación no seu instrumento durante os recreos. 





jueves, 17 de noviembre de 2022

Recreos musicais

 Para conmemorar o Día Internacional da Música, 22 de Novembro, celebraremos na biblioteca do centro sesións musicais , organizadas polo Deparatamento de Música  en colaboración co equipo da biblioteca e destinadas a todo o alumnado do centro. 

Participará,  de forma voluntaria, alumnado de Secundaria que nos deleitarán a todos e todas con diversas   interpretacións musicais.



































jueves, 10 de noviembre de 2022

O programa “Violencia Zero” chega ao CPI do Toural de Vilaboa

 



O programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación chegou onte ao CPI do Toural de Vilaboa cunha acción protagonizada pola poeta ourensá Alba Cid. Asistiron a deputada provincial, Noemí Outeda, e a concelleira de igualdade Carmen Gallego, xunto a un grupo de arredor de corenta alumnos e alumnas de 3º da ESO e profesorado do centro. Prendas das miñas entrañas” foi unha escoita guiada pola poeta Alba Cid, con textos extraídos da súa primeira obra Atlas, as pezas elixidas foron as que versaban sobre os afectos, as relacións, o amor ou a liberdade.