jueves, 29 de septiembre de 2022

Día da conciencia ambiental

 


Cada 27 de setembro conmemórase o Día Nacional da Conciencia Ambiental,  co fin de impulsar prácticas e actitudes responsables á hora de relacionarse co ambiente. No Cpi do Toural, tamén queremos ser responsable co medio ambiente.

jueves, 22 de septiembre de 2022

Benvid@s ao curso 2022-23 !

 Benvidos e benvidas a todxs ao novo curso escolar!

 Por fin xa temos un curso "normal, no que poderemos desfrutar completamente da nosa biblioteca.

Esperamos facer moitas actividades, lecturas, investigacións, contacontos, obradoiros .....

                                    

  

Ver coa imaxinación ou volver ver por medio da memoria é o patrimonio da escritura. 
 
 
Ernaux, Annie. El Acontecimiento
 
 
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.
 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.
 
 






A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación.
 
Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.