miércoles, 27 de septiembre de 2023

CURSO 2023-24

 Benvid@s a un novo curso!

Esperamos que disfrutedes da biblioteca , das actividades que se fagan ao longo do curso e sobre todo , da lectura dun bo libro...


 O lema elixido pola  Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades  "UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS", quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.
 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2023-2024 é obra de Jorge Campos ilutrador, arquitecto e artista do cómic. Un convite a pasear polas viñetas das nosas bibliotecas escolares e a xogar coas cubertas que van de man en man da comunidade educativa.
 
 Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.