martes, 25 de mayo de 2021

Charla con Eva Mejuto

 O martes 25 de abril, o alumnado de infantil e 1ª de primaria, recibiron á escritora Eva Mejuto, para disfrutar da presentación do conto "Dez gatiñas viaxeiras" traballado previamente nas aulas.


Coa escritora do conto e coa axuda das protagonistas fixemos un percorrido pola xeografía galega, xogos matemáticos e memoria. Pasámolo moi ben!

     
    


martes, 18 de mayo de 2021

Letras galegas

 O 14 de maio as aulas do Cpi do Toural convertéronse en salas de cine, desde Infantil a 4º ESO.


                                                 Actividade organizada por EDLG


O alumnado de 3º ESO elaborou un comic sobre a vida e obra de Xela, na materia de Plástica.



miércoles, 5 de mayo de 2021

María Reimondez e "A formiga destemida"


Cando lemos un libro teletransportámonos a otros mundos, poñémonos na pel de personaxes fantásticos, máxicos e especiais.


Cando lemos un libro acercámonos á mente da persoa que o fixo posible. Neste caso, por  qué unha formiga? Por qué esas aventuras? Por qué ese final?


Todas estas preguntas e moitas máis foron resoltas o mércores 5 cando por fin, puidemos coñecer a “nai” da Formiga Destemida, da súa autora, María Reimondez.


 Conectámonos por videoconferencia e para a súa sorpresa   todos e todas a recibimos con exemplares do seu libro!

                  Contounos moitas curiosidades da formiga, da súa historia, que por certo, tiña moito significado para ela porque lle recordaba a súa avoa. Contounos que ese libro o escribiu en América!

Fixemos un trofo de ideas; nós aportamos ideas para unha posible segunda parte da historia da formiga e ela deunos moitas ideas e consellos para ser escritores e escritoras coma ela.
 

              

Grazas por pasar un ratiño con nós María!




lunes, 3 de mayo de 2021

Videoconferencia: El Hematocrítico

O luns 3 de maio os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB tiveron un encontro a través de videoconferencia con EL HEMATOCRÍTICO, escritor dun dos libros traballados este curso "Axente Riciños".





Estaban moi ilusionados e non os defraudou, foi unha charla moi interesante na que  puideron facer moitas  preguntas para satisfacer a súa curiosiedade e gañas de saber máis cousas acerca do libro e o escritor. Pasárono moi ben!