jueves, 27 de febrero de 2020

CONCERTO EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Con motivo do Día de Rosalía (24 de febreiro), celebramos, na biblioteca do Cpi do Toural, unha pequena homenaxe á nosa poetisa universal a través da música. 



En primeiro lugar, os alumnos Toño Fontán e Roberto Martínez de 1ºESO,  rapearon as primeiras estrofas do poema "Adiós ríos, adiós fontes"  e logo gozamos coa interpretación de varias pezas da música tradicional galega,  a cargo de Miguel Fraile (profesor de guitarra da Escola de Música de Vilaboa) acompañado polos alumnos do centro Cecilia, Roberto Martínez (1ºESO) e Comba (2ºESO).



Organizado polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega

miércoles, 5 de febrero de 2020

VISITA DA ESCRITORA EVA MEJUTO


 Depois de ler o libro "22 segundos",  o alumnado de 3º ESO recibiron a visita da escritora e poideron comentar, preguntar e charlar sobre  o libro .





Foi unha boa experiencia!

martes, 4 de febrero de 2020

VISITA DA ESCRITORA IRIA MISA





                                 Alumnado de 5º e 6º de primaria





A súa obra Xa non estou aquí foi galardoada co Premio Jules Verne de literatura xuvenil, que concede Edicións Xerais.

Mamá, quero ser Ziggy Stardust              Segredos no Solpor            Xa non estou aquí