jueves, 27 de febrero de 2020

CONCERTO EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Con motivo do Día de Rosalía (24 de febreiro), celebramos, na biblioteca do Cpi do Toural, unha pequena homenaxe á nosa poetisa universal a través da música. 



En primeiro lugar, os alumnos Toño Fontán e Roberto Martínez de 1ºESO,  rapearon as primeiras estrofas do poema "Adiós ríos, adiós fontes"  e logo gozamos coa interpretación de varias pezas da música tradicional galega,  a cargo de Miguel Fraile (profesor de guitarra da Escola de Música de Vilaboa) acompañado polos alumnos do centro Cecilia, Roberto Martínez (1ºESO) e Comba (2ºESO).



Organizado polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega

No hay comentarios:

Publicar un comentario