viernes, 19 de mayo de 2023

Charla de Ramón Veiga

 Visita do escritor Ramón Veiga, dirixida ao alumnado do primeiro ciclo de Primaria o venres 19 de maio.




Estiveron a comentar o libro "Miñoca e pega", previamente lido polos rapaces. Ademais fixeron actividades manuais sobre a historia do libro. 




Finalmente o escritor asinoulles  os libros a cada un.





viernes, 12 de mayo de 2023

Vídeoconferencia sobre saúde bucodental

O 19 de maio o alumnado do primeiro ciclo e 5º  de Primaria , tiveron na biblioteca  unha videoconferencia sobre saúde bucodental.

Foi unha charla moi práctica na que a ponente deulles aos rapaces moitos consellos sobre o coidado dos dentes e a importancia de comer de forma saudable e de visitar ao dentista de xeito regular.


jueves, 11 de mayo de 2023

miércoles, 10 de mayo de 2023

Visita da escritora María Canosa

 Hoxe visitonos a escritora María Canosa para comentar cos rapaces de 4º de Primaria o libro " As pombas de Bastian", libro que xa tiñan lido e que ademais o alumnado  fixeran un traballo e exposición.




lunes, 8 de mayo de 2023

Visita da escritora Irene Alonso

 Hoxe recibimos a visita da escritora Irene Alonso que veu ao centro para dar unha charla ao alumnado de 3º Primaria.