jueves, 30 de marzo de 2023

Salón do Libro 2023

 Este ano o Cpi do Toural participa coma hai moitos anos  na XXIV edición do Salón do Libro de Pontevedra, este ano baixo o lema "Libros para xogar".

 


O noso centro participa cun traballo artístico feito polo alumnado e profesorado de Primaria en colaboración co Departamento de Tecnoloxía.




viernes, 24 de marzo de 2023

Charlas da Memoria Histórica de Vilaboa

O 24 de marzo Luís Bará veu ao centro para dar unha charla ao alumnado de 3º e 4º ESO sobre a recuperación da memoria histórica en Galicia. Aproveitou a ocasión para dar a coñecer a súa última publicación " Non deas a esquecemento" do que nos deixou un exemplar para disfrute de toda a comunidade educativa. Contounos relatos moi interesantes sobre o xenocidio fascista na contorna de Vilaboa e anécdotas moi curiosas sobre actos de resistencia e solidariedade levados a cabo por moitos veciños e veciñas da zona.



 Luís Bará está especialmente comprometido co estudo e divulgación da memoria e a historia das mulleres e participa activamente en diferentes iniciativas de recuperación da memoria histórica.

miércoles, 8 de marzo de 2023

Día Internacional da Muller

 Conmemoramos este día tan especial , con actividades baixo o lema"Xuntas cambiamos o mundo".



Fixemos carteis conmemorativos e diferentes actividades que expuxemos no taboeiro da entrada ao centro . Tamén puxemos a disposición do alumnado diferente bibliografía relacionada coa muller.




Todo o alumnado do centro participou na elaboración dun vídeo conmemorativo que foi proxectado na biblioteca,  durante toda a xornada.