miércoles, 27 de octubre de 2021

" Violencia zero "

Chega ao Toural o proxecto de acción artística "Violencia zero"  para o alumnado de 3º e 4º ESO. 

Este proxecto  desenvolvese desde o ano 2015 no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar á poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta secuela presente na sociedade.

                                                                           
   


Estas actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de
visibilización e de reflexión, para promover unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes.




miércoles, 13 de octubre de 2021

"A biblioteca escolar ten a palabra"


O lema neste curso das bibliotecas escolares é  A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, co que se quere poñer o foco nas posibilidades que os textos escritos e as produccións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento.