miércoles, 24 de abril de 2024

Día do Libro

 


Para conmemorar esta data tan importante, puxemos a disposición de todo o alumnado do centro, libros que podían levar para casa de balde e disfrutar da lectura.

miércoles, 10 de abril de 2024

Visita de Susa Herrera

O pasado 5 de abril recibimos na biblioteca do colexio  unha visita moi animada e divertida da man de Susa Herrera.

Con ela, bailamos e cantamos ao ritmo de animosas cancións con animais de todo tipo. 

Ademais de poñernos en movemento e cantar a todo pulmón, aprendimos moito sobre animais que viven lonxe de nós pero que, tanto a pequenos como a maiores, nos resultan interesantísimos.

Susa compartiu con nós cancións dos seus libros “Cantos animales” e “En Cabárceno se escoita cantar”.







miércoles, 3 de abril de 2024

Visita de Celeste Gómez

 O 20 de marzo tivémolo pracer da visita dunha antiga alumna, Celeste Gómez, que veu a presentar o seu libro: "Resiliencia gitana" onde conta a súa vida complicada e cómo foi superando os obstáculos.





 Foi unha charla moi emotiva na que o alumado de 4º ESO escoitou con moito interese, demostrándoo despois ao mercarlle o libro.



miércoles, 6 de marzo de 2024

Día Internacional da Prensa

 Co gallo do Día Internacional da Prensa, organizamos unha charla-coloquio coa xornalista e directora de Nós diario María Obelleiro e o alumnado de Infantil e Primaria.


Primeiro fixo unha introdución do traballo dun xornalista e despois os rapaces fixéronlle unha entrevista a ela. Foi moi interesante.

Despois da visita o alumnado de Primaria traballou sobre este tema nas aulas, facendo un mural entre todos.



miércoles, 21 de febrero de 2024

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 


AS PORTAS ESTÁN ABERTAS TODO O CURSO!!!  

                                 SEREDES SEMPRE BEN RECIBIDOS/AS......

miércoles, 31 de enero de 2024

Día da Paz

 

 DENDE A BIBLIOTECA FIXEMOS UNHA ESCOLMA DE LIBROS PARA TRABALLAR A CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA QUE ESTÁ A DISPOSICIÓN DE TODAS E TODOS NA ENTRADA DO CENTRO.


O alumnado de Secundaria organizou uns murais explicativos dos diferentes conflictos bélicos actuais e foron mostrando e explicando o seu traballo aos diferentes grupos de Infantil e Primaria.


MURAIS CONMEMORATIVOS DO DÍA DA PAZ:







miércoles, 3 de enero de 2024

Homenaxe a O Hematocrítico

 Con motivo do pasamento deste escritor que tantas veces nos tiña visitado, o equipo de biblioteca organizou unha exposición na entrada do centro, con fotos e libros das diferentes visitas .








 




SEMPRE  PODEREI ATOPARTE NOS TEUS LIBROS...