Co gallo do Día Internacional da Prensa, organizamos unha charla-coloquio coa xornalista e directora de Nós diario María Obelleiro e o alumnado de Infantil e Primaria.
Primeiro fixo unha introdución do traballo dun xornalista e despois os rapaces fixéronlle unha entrevista a ela. Foi moi interesante.
Despois da visita o alumnado de Primaria traballou sobre este tema nas aulas, facendo un mural entre todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario