miércoles, 10 de abril de 2024

Visita de Susa Herrera

O pasado 5 de abril recibimos na biblioteca do colexio  unha visita moi animada e divertida da man de Susa Herrera.

Con ela, bailamos e cantamos ao ritmo de animosas cancións con animais de todo tipo. 

Ademais de poñernos en movemento e cantar a todo pulmón, aprendimos moito sobre animais que viven lonxe de nós pero que, tanto a pequenos como a maiores, nos resultan interesantísimos.

Susa compartiu con nós cancións dos seus libros “Cantos animales” e “En Cabárceno se escoita cantar”.







No hay comentarios:

Publicar un comentario