viernes, 29 de abril de 2022

Feira do troco

Como 1º actividade para festexar o día do libro, o 23 de abril, neste curso decidimos facer unha feira do troco, un tanto digamos que intimista debido á pandemia, xa que oa alumnado de primaria foi pasando por cursos, é dicir, por grupos burbulla, para trocar os seus vales polos libros, pero foi unha boa experiencia, na que `puideron colaborar e participar tódolos niveis do colexio, dende Infantil ata 4º de Secundaria.















miércoles, 27 de abril de 2022

Contacontos da Residencia de Maiores de Vilaboa

Hoxe 27 de abril, visitáronnos os maiores da residencia de Vilaboa para contar contos teatralizados ao alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria.

Estivo la mar de ben. Pasámolo pipa!!!










Charla: "Prevención e intervención nos malestares psicolóxicos actuais"



Nestes últimos tempos, vimos notando, entre os rapaces e rapazas e incluso entre os nenos e nenas, problemas relacionados con malestares psicolóxicos. En moitos casos, a pandemia fixo que estes malestares afloraran e noutros que se agravaran. É por isto que nos pareceu necesario ofrecer, tanto ao profesorado como ás familias, unha formación que nos axude a afrontar estas situacións para as que, en moitos casos, non estamos preparados. Ben é certo que, é posible, que sexa insuficiente pero é un primeiro paso.

Como sabemos que o tema é difícil de encarar e moitas veces resulta complicado expresar en voz alta as preocupacións ou dúbidas que nos poidan xurdir, habilitaremos unha caixa de correo para que poidades deixar as cuestións, dúbidas ou preguntas que teñades, de xeito que poidan ser resoltas, na propia charla, polo relator Miguel Calvo Marques. As preguntas podedes escribilas nun papel e metelas na caixa de correo que poñeremos na biblioteca ou cubrir o  formulario en https://forms.gle/kG2duQ1VAkPk48PQ9



Visita da escritora Ledicia Costas

Recibiremos a visita dunha das nosas escritoras favoritas, autora de moitos libros que temos na biblioteca.



miércoles, 20 de abril de 2022

Visita alumnado Erasmus+

Na semana do 4 ao 8 de abril recibimos a visita do alumnado de Erasmus, de Lituania, Rumanía e Chequia.

                                                                               

 Fixeron diferentes obradoiros ,charlas e actividades musicais na biblioteca, acompañados polos nosos alumnos participantes do programa Erasmus.