miércoles, 27 de abril de 2022

Charla: "Prevención e intervención nos malestares psicolóxicos actuais"



Nestes últimos tempos, vimos notando, entre os rapaces e rapazas e incluso entre os nenos e nenas, problemas relacionados con malestares psicolóxicos. En moitos casos, a pandemia fixo que estes malestares afloraran e noutros que se agravaran. É por isto que nos pareceu necesario ofrecer, tanto ao profesorado como ás familias, unha formación que nos axude a afrontar estas situacións para as que, en moitos casos, non estamos preparados. Ben é certo que, é posible, que sexa insuficiente pero é un primeiro paso.

Como sabemos que o tema é difícil de encarar e moitas veces resulta complicado expresar en voz alta as preocupacións ou dúbidas que nos poidan xurdir, habilitaremos unha caixa de correo para que poidades deixar as cuestións, dúbidas ou preguntas que teñades, de xeito que poidan ser resoltas, na propia charla, polo relator Miguel Calvo Marques. As preguntas podedes escribilas nun papel e metelas na caixa de correo que poñeremos na biblioteca ou cubrir o  formulario en https://forms.gle/kG2duQ1VAkPk48PQ9



No hay comentarios:

Publicar un comentario