viernes, 25 de noviembre de 2022

Actividades "DÍA DA NON VIOLENCIA DA MULLER"

 CONTACONTOS

         O alumnado de Primaria disfrutou da actuación de Cris de Caldas, para conmemorar o Día da  Non violencia da muller.









MURAL DE PALABRAS





martes, 22 de noviembre de 2022

Día da Música

Para conmermorar o Día internacional da Música, varios alumnos e alumnas fixéronnos disfrutar da música coa  súa interpretación no seu instrumento durante os recreos. 





jueves, 17 de noviembre de 2022

Recreos musicais

 Para conmemorar o Día Internacional da Música, 22 de Novembro, celebraremos na biblioteca do centro sesións musicais , organizadas polo Deparatamento de Música  en colaboración co equipo da biblioteca e destinadas a todo o alumnado do centro. 

Participará,  de forma voluntaria, alumnado de Secundaria que nos deleitarán a todos e todas con diversas   interpretacións musicais.



































jueves, 10 de noviembre de 2022

O programa “Violencia Zero” chega ao CPI do Toural de Vilaboa

 



O programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación chegou onte ao CPI do Toural de Vilaboa cunha acción protagonizada pola poeta ourensá Alba Cid. Asistiron a deputada provincial, Noemí Outeda, e a concelleira de igualdade Carmen Gallego, xunto a un grupo de arredor de corenta alumnos e alumnas de 3º da ESO e profesorado do centro. Prendas das miñas entrañas” foi unha escoita guiada pola poeta Alba Cid, con textos extraídos da súa primeira obra Atlas, as pezas elixidas foron as que versaban sobre os afectos, as relacións, o amor ou a liberdade.







viernes, 28 de octubre de 2022

Samaín no Toural










Concurso de cabazas, contacontos terroríficos e obradoiros  para todo o alumnado de primaria e infantil,  lecturas as escuras nos recreos de secundaria....










Unha semana terrorífica !

jueves, 6 de octubre de 2022

" Sorrisos con arte "

Co motivo da celebración do Día Internaciomal do Sorriso o 1 de outubro, organizouse no centro a actividade "Sorrisos con arte", na que cada grupo clase elaborou a súa propia versión de diferentes obras de arte famosas doando un sorriso ás/os protagonistas das mesmas.
Para a realización de esta actividade empregáronse diferentes técnicas artísticas.






 

jueves, 29 de septiembre de 2022

Día da conciencia ambiental

 


Cada 27 de setembro conmemórase o Día Nacional da Conciencia Ambiental,  co fin de impulsar prácticas e actitudes responsables á hora de relacionarse co ambiente. No Cpi do Toural, tamén queremos ser responsable co medio ambiente.

jueves, 22 de septiembre de 2022

Benvid@s ao curso 2022-23 !

 Benvidos e benvidas a todxs ao novo curso escolar!

 Por fin xa temos un curso "normal, no que poderemos desfrutar completamente da nosa biblioteca.

Esperamos facer moitas actividades, lecturas, investigacións, contacontos, obradoiros .....

                                    

  

Ver coa imaxinación ou volver ver por medio da memoria é o patrimonio da escritura. 
 
 
Ernaux, Annie. El Acontecimiento
 
 
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.
 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.
 
 






A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación.
 
Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.

lunes, 20 de junio de 2022

"Colaboradoras da biblio"

 E para rematar o curso.... deixámosvos coas súper colaboradoras da biblioteca,  que estiveron  prácticamente tódolos recreos axudando, rexistrando e colocando libros e diversos materiais.


                                                                  Grazas!




miércoles, 15 de junio de 2022

Biblioxardín

Seguimos  ampliando a "Biblioxardín" ....







 
              
      




           

           

miércoles, 18 de mayo de 2022

Letras Galegas

 Cine no Toural para festexar o Día das Letras Galegas en secundaria.

                     
                                                        Organizado polo E.D.L.G.


miércoles, 4 de mayo de 2022

Charla "Navegando con rumbo"

 Hoxe temos charlas na biblioteca do programa" Navegando con rumbo no ciberespacio" para o alumnado de 2ºESO e primaria.






viernes, 29 de abril de 2022

Feira do troco

Como 1º actividade para festexar o día do libro, o 23 de abril, neste curso decidimos facer unha feira do troco, un tanto digamos que intimista debido á pandemia, xa que oa alumnado de primaria foi pasando por cursos, é dicir, por grupos burbulla, para trocar os seus vales polos libros, pero foi unha boa experiencia, na que `puideron colaborar e participar tódolos niveis do colexio, dende Infantil ata 4º de Secundaria.















miércoles, 27 de abril de 2022

Contacontos da Residencia de Maiores de Vilaboa

Hoxe 27 de abril, visitáronnos os maiores da residencia de Vilaboa para contar contos teatralizados ao alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria.

Estivo la mar de ben. Pasámolo pipa!!!