jueves, 10 de noviembre de 2022

O programa “Violencia Zero” chega ao CPI do Toural de Vilaboa

 



O programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación chegou onte ao CPI do Toural de Vilaboa cunha acción protagonizada pola poeta ourensá Alba Cid. Asistiron a deputada provincial, Noemí Outeda, e a concelleira de igualdade Carmen Gallego, xunto a un grupo de arredor de corenta alumnos e alumnas de 3º da ESO e profesorado do centro. Prendas das miñas entrañas” foi unha escoita guiada pola poeta Alba Cid, con textos extraídos da súa primeira obra Atlas, as pezas elixidas foron as que versaban sobre os afectos, as relacións, o amor ou a liberdade.







No hay comentarios:

Publicar un comentario