miércoles, 24 de abril de 2024
Día do Libro
Para conmemorar esta data tan importante, puxemos a disposición de todo o alumnado do centro, libros que podían levar para casa de balde e disfrutar da lectura.
miércoles, 10 de abril de 2024
Visita de Susa Herrera
O pasado 5 de abril recibimos na biblioteca do colexio unha visita moi animada e divertida da man de Susa Herrera.
Con ela, bailamos e cantamos ao ritmo de animosas cancións con animais de todo tipo.
Ademais de poñernos en movemento e cantar a todo pulmón, aprendimos moito sobre animais que viven lonxe de nós pero que, tanto a pequenos como a maiores, nos resultan interesantísimos.
Susa compartiu con nós cancións dos seus libros “Cantos animales” e “En Cabárceno se escoita cantar”.
miércoles, 3 de abril de 2024
Visita de Celeste Gómez
O 20 de marzo tivémolo pracer da visita dunha antiga alumna, Celeste Gómez, que veu a presentar o seu libro: "Resiliencia gitana" onde conta a súa vida complicada e cómo foi superando os obstáculos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)