lunes, 9 de marzo de 2020


8 M: POLOS DEREITOS DAS MULLERES

                                                                                       O Día Internacional da Muller 2020
reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: "Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres". A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que as pequenas accións  poden xerar grandes repercusións cara ao mundo igualitario que merecemos.
Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.

martes, 3 de marzo de 2020

VISITA DA ESCRITORA ROSA ANEIROS



O martes 3 de marzo visitou a nosa biblioteca, a escritora Rosa Aneiros,  para charlar sobre dous dos seus libros.

O alumnado de 3º, 4º de EP, leu:” A batalla da pequena chanán Curi Coca”.

 5º e 6º EP pola súa banda leron “Xelís o guieiro das botellas de mar”.

Todos os grupos fixeron traballos que se expuxeron na biblioteca e na entrada do Centro,  xunto con información sobre a escritora  das súas obras, como xeito de agasallala e demostrarlle o moito que nos gustaron os seus libros.

Alumnas de 6º fixeron unha presentación da autora ao inicio, e obsequiarona cun pequeno detalle ao remate.

Ambas charlas foron moi  motivadoras e interesantes,  o alumnado participou de xeito moi activo e saíron moi satisfeito do encontro.

Ao remate, asinou os libros do alumnado e do mesmo xeito asinou no noso libro de Sinaturas.

Foi una xornada bonita e moi positiva!






Esta charla enmárcase dentro das actividades de animación á lectura de primaria,  programadas para este curso polo equipo de biblioteca.