jueves, 17 de diciembre de 2020

LECTURAS PARA SOÑAR

Este ano volveron a compartir connosco  as guías de lectura elaboradas pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo , do que estamos moi agradecidxs

O lema é: "Move o corazón da túa vila, visita a túa libraría". Máis que nunca, animámosvos a mercar na vosa vila e apoiar o comercio local. Temos moitas librarías cerquiña da casa que nos darán un trato persoal e moito máis cercano... aproveitadeo!

As guías, que todo o alumnado levou para as súas casas, están cheas de novidades e reedicións de lectura e música en lingua galega, dos últimos 12 meses, as cales vos daran moitas ideas para os agasallos de Nadal. 
Están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e familias), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas que vos farán medrar a todos! 

Neste cartel podedes ver todas as recomendacións. Desfrutádeas e compartídeas para que cheguen moi lonxe.