viernes, 30 de abril de 2021

Charla coa escritora Rosa Aneiros


O día 30 de abril @s alumn@s de 6º de primaria, tivemos unha videooconferencia coa escritora Rosa Aneiros. 

Estivo desde a súa casa, contándonos como foi o proceso de elaboración do libro que leramos na clase "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea", no que trata o tema da migración en patera e os campos de refuxiados.





Logo houbo unha rolda de intervencións na que o alumnado aproveitou para preguntar dúbidas e cuestións diversas.  


Resultou moi interesante e foi a primeira ocasión na que todo o alumnado xunto participou nunha charla por videoconferencia. 

viernes, 23 de abril de 2021

Mais actividades para celebrar o día do libro...

 - Confección dun mural no que participaron Educacion Infantil, Primaria e profes no que cada un puxo o título do seu libro favorito.





-Visionado do conto: "O incrible neno devorador de libros" de Oliver Jeffers.


- Visionado do corto: "The fantastic Flying Books" de Mr Morris Lessmore, e posibilidade de facer actividades escritas sobre él.





-Dramatización do conto: "Maruxa"  ao alumnado de infantil polas propias profes.





I Maratón de lectura

 


Que mellor maneira para celebrar o Día do Libro que lendo.....! así que o 23 de abril fixemos a primeira maratón de lectura no Toural, onde foron pasando os diferentes grupos da ESO para compartir lecturas , relatos e poemas en castelán, galego e mesmo en inglés e francés. O profesorado tamén tivo a súa participación durante o recreo. Foi unha moi boa experiencia!




miércoles, 21 de abril de 2021

Tarabelos no Toural para celebrar o Día do Libro

 Dende os mais pequenos de infantil ata os mais grandes de 6º de primaria, disfrutamos todos co espectáculo de títeres: "Sabela e o paxaro máxico" de Tarabelos .


jueves, 15 de abril de 2021

Títeres no Toural

 O próximo mércores, para conmemorar o Día do Libro, no Toural imos disfrutar dun espectáculo de títeres desde infantil a primaria. Preparádevos !



jueves, 8 de abril de 2021