martes, 21 de octubre de 2025

Aprendemos a coidarmos dos libros

A través dos libros accedemos a novos mundos, coñecemos persoas, historias marabillosas, vivimos experiencias e vidas en lugares insólitos. Tal vez por iso regresamos  as súas páxinas unha e outra vez e son centos as mans que acariñan as súas follas. Co uso moitos deles acaban deteriorándose e  estráganse.  


 

A idea de facer este obradoiro é para concienciarnos da importancia do coidado dos libros e  así alongar a súa vida útil. Recuperalos para que sigan a alimentar a imaxinación dos lectores.

Marga García, do obradoiro de encadernación Tarlatana acompañounos e guiou a un grupo de alumnas na tarefa de restaurar e reparar algúns libros que estaban na biblioteca agardando por algún coidado.

Ensinounos como se pode arranxar unha folla solta, a tapa, os lombos, os cantos ou as gardas. Aprendemos a recoñecer os materiais que se empregan na encadernación e o máis importante, a ter paciencia e a valorar a importancia de coidar algo que nos fai tan felices como son OS LIBROS.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario