miércoles, 17 de diciembre de 2025

Entrega de premios Concurso de Samaín

Con algo de atraso fixemos esta mañá entrega do premio á gañadora do Certame de relatos de medo que este ano organizamos dende a biblioteca do centro.

A gañadora  foi Noa Tobio de 1º A, baixo o pseudónimo Sakura, cun relato titulado O camiño das faíscas.

Parabéns á gañadora e a todos os participantes por colaborar neste certame. 


 

martes, 16 de diciembre de 2025

Contos polo nadal

Hoxe visitou a Biblioteca alguén moi especial e quixo contarnos a súa historia.

Estamos achegándonos  ao Nadal e por estas datas baixa das montañas de Lugo o Apalpador, que trae regalos a todos os nenos e que antigamente lles levaba castañas.

Maica Fernández foi a encargada de contarnos  a historia dese homiño de barba longa e roxa que antano tocaba as barrigas dos cativos para ver se comeron ben durante o ano e ademais deixarlle unhas cantas que leva no seu enorme saco.

A ver se este ano hai sorte e de portármonos todos ben visítanos o noso carboeiro máis querido, que vén dos Ancares e do Courel  traéndonos moitas sorpresas.

 

Tamén sumouse á festa contadora destes días a nosa compañeira Marta Varela que estivo a ler e contar diferentes contos co nadal como pano de fondo. Así que acondicionamos un recuncho do noso colexío e sentados arredor da cheminea non perdemos detalle de canto alí Marta nos falou.



 

 




martes, 18 de noviembre de 2025

Contos por Samaín

Samaín é un tempo de fantasía, de misterio, de defuntos e recollemento. A tradición galega é rica en historias que foron pasando de xeración en xeración e nós sempre tivemos gusto por escoitalas.

A nosa tradición está chea de meigas, de aparecidos, de lobishomes e de contos que non teñen moita explicación.

Polo Samaín botamos man de  historias misteriosas e de suspense e fixemos de contacontos, seguindo o noso labor de transmisores e así o alumnado de secundaria leu aos seus compañeiros das etapas inferiores dende infantil a terceiro curso de primaria, actuando como contadores de historias. 

Así, desfilaron pola biblioteca o Carabuñas, O home do saco ou A pantasma das bragas rotas que foron a ledicia de todos e de todas.







martes, 21 de octubre de 2025

Aprendemos a coidarmos dos libros

A través dos libros accedemos a novos mundos, coñecemos persoas, historias marabillosas, vivimos experiencias e vidas en lugares insólitos. Tal vez por iso regresamos  as súas páxinas unha e outra vez e son centos as mans que acariñan as súas follas. Co uso moitos deles acaban deteriorándose e  estráganse.  


 

A idea de facer este obradoiro é para concienciarnos da importancia do coidado dos libros e  así alongar a súa vida útil. Recuperalos para que sigan a alimentar a imaxinación dos lectores.

Marga García, do obradoiro de encadernación Tarlatana acompañounos e guiou a un grupo de alumnas na tarefa de restaurar e reparar algúns libros que estaban na biblioteca agardando por algún coidado.

Ensinounos como se pode arranxar unha folla solta, a tapa, os lombos, os cantos ou as gardas. Aprendemos a recoñecer os materiais que se empregan na encadernación e o máis importante, a ter paciencia e a valorar a importancia de coidar algo que nos fai tan felices como son OS LIBROS.


 

miércoles, 9 de abril de 2025

Día Internacional do pobo xitano

Charla sobre Educación Vial

 Hoxe, 8 de abril, levaronse a cabo unhas charlas informativas sobre  Educación Vial en colaboración coa policía local, dirixida ao alumnado do último ciclo de Primaria e os primeiros cursos de Secundaria.




miércoles, 2 de abril de 2025

Obradoiro de xogos

 O martes 1 de abril, organizouse na biblioteca, un obradoiro de xogos tradicionais no que participou o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria.













































Teatro no Toural

 Este luns 31 de marzo, levouse a cabo na biblioteca do centro, unha actividade teatral en colaboración coa ANPA para o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO





lunes, 31 de marzo de 2025

Charla informativa

 O 28 de marzo organizouse unha charla informativa para concienciar ao alumnado do primeiro ciclo de Secundaria do potencial perigo que transmiten os videoxogos basados na violencia.




miércoles, 26 de febrero de 2025

Día de Rosalía

          Para festexar o Día de Rosalía, alumnado de Primaria e de Secundaria, leron uns poemas da escritora. Despois todo ao alumnado do CPI do Toural mailo profesorado foron convidados a tomar un caldo.