miércoles, 18 de diciembre de 2024

Nadal no Toural

 Como todos os ano, recibimos no Toural a visita do Apalpador, que foi recibido na nosa biblioteca con entusiamo por toda a rapazada.



miércoles, 11 de diciembre de 2024

"A igualdade non ten truco"

 Neste trimestre traballouse o tema da igualdade cunha actividade destinada a todo o alumnado de primaria (financiado pola ANPA) titulada "A igualdade non ten truco" coa que se pretendía sensibilizar ao alumnado sobre esta temática a través da maxia.



 En Secundaria organizáronse charlas con obradoiro na casa de Cultura de Riomaior organizadas tamén pola ANPA.


miércoles, 4 de diciembre de 2024

Día das pesoas con discapacidade

O 3 de decembro conmemórase o  Día internacional das persoas con discapacidade.

O equipo da biblioteca en colaboración co equipo de convivencia organizou unha exposición con bibliografía relacionada con esta temática.

Os libros expostos quedaron á disposición de todos e todas as titoras para traballas nas aulas.









miércoles, 27 de noviembre de 2024

Día Internacional contra a violencia de xénero





Para conmemorar esta data tan importante, organizáronse diversas actividades coa colaboración da Anpa, a destacar as charlas "Toural diverso", sesións que se levaron a cabo na biblioteca do centro para todo o alumnado da ESO e 5º e 6º de Primaria e Contacontos para o resto de Primaria e Infantil.





miércoles, 30 de octubre de 2024

Samaín no Toural

 Durante esta semana organizáronse na Biblioteca sesións de contacontos de medo para toda Primaria.

O alumnado de 1º ESO desfrutou de "scary stories" para celebrar Halloween co auxiliar de conversa.












miércoles, 2 de octubre de 2024

Actividades previstas dende biblioteca

 

Comezamos en setembro poñendo en funcionamento a biblioteca, expurgando os libros estropeados e revisando os libros máis lidos e preferidos do alumnado.

- Poñeremos follas de suxestións para que a alumnado aporte ideas.

- Informaremos sobre o funcionamento da biblioteca.

- Coa chegada do outono poñeremos libros relacionados con esta estación do ano.

- Semana do medo no Toural: Faranse distintas actividades na biblioteca sobre o tema.

- Elaboración dun boletín de recomendacións lectoras para o Nadal.

- Lecturas sobre o día da Paz.

- Celebración do día de Rosalía de Castro.

- Día da prensa: temos pensado visitar unha imprenta e un diario.

- Semana do Libro: reparto gratuito de libros e lecturas no patio.

- Visitas de escritores/as para todo a alumnado. Contacontos para Infantil.


miércoles, 18 de septiembre de 2024

CURSO 2024-25

 Benvid@s a este novo curso 2024-25. Esperamos como sempre facer moitas actividades e que disfrutedes deste espazo marabilloso e da lectura.

O lema deste ano nas bibliotecas escolares xirará entorno ao teatro.

"BIBLIOTECA ESCOLAR , A ESCENA "


PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:
   «QUE á banda do solpor é mar de mortos,
   incerta, última luz, non terás medo.
   QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
   QUE cor malva se decide o acio.
   QUE acades disas patrias a vindima.
   QUE amaine o vento, beberás o viño.
   QUE sereas sen voz a vela embaten.
   QUE un sumario de xerfa polos cons.”
Así falou Penélope:
   “Existe a maxia e pode ser de todos.
   ¿A que tanto novelo e tanta historia?
   EU TAMÉN NAVEGAR.»
 
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior

 
 
O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso  "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista Xoana Almar. 

 
Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes. As nosas bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO.

miércoles, 29 de mayo de 2024

Visita de Antía Yáñez


 O 21 de maio recibimos a visita da escritora Antía Yáñez para falarnos do seu último libro Plan de rescate, libro lido polo alumnado do 3ºciclio de Primaria.

miércoles, 8 de mayo de 2024

Visita do escritor Jorge Campos

 


O martes 7 de maio recibimos a visita do escritor Jorge Campos que veu comentar ao alumnado do 2ºciclo de Primaria o seu libro Capitán Lentella, lido por eles anteriormente.

miércoles, 24 de abril de 2024

Día do Libro

 


Para conmemorar esta data tan importante, puxemos a disposición de todo o alumnado do centro, libros que podían levar para casa de balde e disfrutar da lectura.

miércoles, 10 de abril de 2024

Visita de Susa Herrera

O pasado 5 de abril recibimos na biblioteca do colexio  unha visita moi animada e divertida da man de Susa Herrera.

Con ela, bailamos e cantamos ao ritmo de animosas cancións con animais de todo tipo. 

Ademais de poñernos en movemento e cantar a todo pulmón, aprendimos moito sobre animais que viven lonxe de nós pero que, tanto a pequenos como a maiores, nos resultan interesantísimos.

Susa compartiu con nós cancións dos seus libros “Cantos animales” e “En Cabárceno se escoita cantar”.







miércoles, 3 de abril de 2024

Visita de Celeste Gómez

 O 20 de marzo tivémolo pracer da visita dunha antiga alumna, Celeste Gómez, que veu a presentar o seu libro: "Resiliencia gitana" onde conta a súa vida complicada e cómo foi superando os obstáculos.





 Foi unha charla moi emotiva na que o alumado de 4º ESO escoitou con moito interese, demostrándoo despois ao mercarlle o libro.



miércoles, 6 de marzo de 2024

Día Internacional da Prensa

 Co gallo do Día Internacional da Prensa, organizamos unha charla-coloquio coa xornalista e directora de Nós diario María Obelleiro e o alumnado de Infantil e Primaria.


Primeiro fixo unha introdución do traballo dun xornalista e despois os rapaces fixéronlle unha entrevista a ela. Foi moi interesante.

Despois da visita o alumnado de Primaria traballou sobre este tema nas aulas, facendo un mural entre todos.



miércoles, 21 de febrero de 2024

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 


AS PORTAS ESTÁN ABERTAS TODO O CURSO!!!  

                                 SEREDES SEMPRE BEN RECIBIDOS/AS......

miércoles, 31 de enero de 2024

Día da Paz

 

 DENDE A BIBLIOTECA FIXEMOS UNHA ESCOLMA DE LIBROS PARA TRABALLAR A CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA QUE ESTÁ A DISPOSICIÓN DE TODAS E TODOS NA ENTRADA DO CENTRO.


O alumnado de Secundaria organizou uns murais explicativos dos diferentes conflictos bélicos actuais e foron mostrando e explicando o seu traballo aos diferentes grupos de Infantil e Primaria.


MURAIS CONMEMORATIVOS DO DÍA DA PAZ:







miércoles, 3 de enero de 2024

Homenaxe a O Hematocrítico

 Con motivo do pasamento deste escritor que tantas veces nos tiña visitado, o equipo de biblioteca organizou unha exposición na entrada do centro, con fotos e libros das diferentes visitas .








 




SEMPRE  PODEREI ATOPARTE NOS TEUS LIBROS...