lunes, 16 de diciembre de 2019

"ROSALÍA. TODOS POR IGUAL"

O luns 16 de decembro viñeron "Tarabelos" e "Truque Matruque" a facer un espectáculo e obradoiro para traballar o tema da igualdade nos dous cursos de 1ºESO.




Rosalía. Todos por igual.

Música, voz e guitarra: Marcos Acuña (Truque Matruque. Contos cantados)
Ilustracións e narración: Esteban Acuña (Tarabelos. Títeres e contacontos)
Duración: 90 min aproximadamente.


Un obradoiro centrado no personaxe de Rosalía de Castro e o seu libro "Cantares gallegos", no que descubrimos a súa disconformidade diante das desigualdades de xénero, idioma, clases sociais... 



 





Entoaron os cantares de Rosalía e xogaron con eles, contaron un dos seus contos e fixeron unha "rosaliada": un gran cadro entre todos no que deixaron unha mensaxe de igualdade, utilizando a arte como fixo Rosalía. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario