lunes, 9 de diciembre de 2019

GUÍAS DE LECTURA



AGASALLO DOS EQUIPOS DE BIBLIOTECA  E DINAMIZACIÓN LINGUÍSTICA DO MORRAZO.

Na segunda semana de decembro, comezamos a repartir estas guías a todo o alumnado do Cpi do Toural, elaboradas e amablemente cedidas polo Equipo de Normalización linguístico do Morrazo.

Son  3 guías que están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas! 

Premede en cada imaxe para acceder a todas as recomendacións e poder velas con máis calidade.






Aquí deixámosvos un cartel que xunta todas as recomendacións. Desfrutádeas e compartídeas para que cheguen moi lonxe. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario