Rematamos o curso e entre exames e agobios finais fomos deixando a última reunión para o mes de xuño. Así que para festexar a actividade e o compromiso por parte de todas degustamos unhas pastas de té para facer máis levadeira a xuntanza. E aproveitamos o día espectacular para facela no Biblioxardín. Que máis se pode pedir?
Pois que este último libro fose todo un acerto e outro éxito. Porque nin máis nin menos Y entonces nos perdimos de Ryan Andrews foi unha historia que a todas lles encantou. Por que?
Polos debuxos tan sorprendentes e imaxinativos que lembraban aos animes xaponeses. Polo inesperado da historia e as preguntas e desconcerto que lles deixou por momentos. Polo tratamento dos personaxes que se deciden a vivir unha aventura e a traspasar os límites marcados onde entran nun mundo novo, un “máis alá” que seus pais lles fixeron prometer que non cruzarían.Agora só nos resta esperar que esta aventura entre libros que comezamos este ano co club Letras Salgadas continúe o ano que vén e que máis se unan á AVENTURA DE LER.


No hay comentarios:
Publicar un comentario