Hoxe visitou a Biblioteca alguén moi especial e quixo contarnos a súa historia.
Estamos achegándonos ao Nadal e por estas datas baixa das montañas de Lugo o Apalpador, que trae regalos a todos os nenos e que antigamente lles levaba castañas.
Maica Fernández foi a encargada de contarnos a historia dese homiño de barba longa e roxa que antano tocaba as barrigas dos cativos para ver se comeron ben durante o ano e ademais deixarlle unhas cantas que leva no seu enorme saco.
A ver se este ano hai sorte e de portármonos todos ben visítanos o noso carboeiro máis querido, que vén dos Ancares e do Courel traéndonos moitas sorpresas.
Tamén sumouse á festa contadora destes días a nosa compañeira Marta Varela que estivo a ler e contar diferentes contos co nadal como pano de fondo. Así que acondicionamos un recuncho do noso colexío e sentados arredor da cheminea non perdemos detalle de canto alí Marta nos falou.