miércoles, 18 de septiembre de 2024

CURSO 2024-25

 Benvid@s a este novo curso 2024-25. Esperamos como sempre facer moitas actividades e que disfrutedes deste espazo marabilloso e da lectura.

O lema deste ano nas bibliotecas escolares xirará entorno ao teatro.

"BIBLIOTECA ESCOLAR , A ESCENA "


PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:
   «QUE á banda do solpor é mar de mortos,
   incerta, última luz, non terás medo.
   QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
   QUE cor malva se decide o acio.
   QUE acades disas patrias a vindima.
   QUE amaine o vento, beberás o viño.
   QUE sereas sen voz a vela embaten.
   QUE un sumario de xerfa polos cons.”
Así falou Penélope:
   “Existe a maxia e pode ser de todos.
   ¿A que tanto novelo e tanta historia?
   EU TAMÉN NAVEGAR.»
 
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior

 
 
O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso  "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista Xoana Almar. 

 
Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes. As nosas bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO.