miércoles, 22 de noviembre de 2023
miércoles, 8 de noviembre de 2023
Semana do medo no Toural
Co motivo da celebración do Samaín , dende as diferentes dinamizacións do centro, programáronse diferentes actividades de medo para facer na biblioteca:
"Curtas de medo e exposicións de cabazas", organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística.
As familias están convidadas. a participar na realización dunha curta. As curtas recibidas poñeranse no escritorio do ordenador da biblioteca para ser visualizados na hora de biblioteca de cada titoría de Primaria asinada.
"Histórias de medo", organizado polo Equipo de Biblioteca.
Durante a mañá do luns 30 de outubro, contaranse histórias de medo a todo o alumnado de Primaria e Infantil distribuídos en cursos.
"Obradoiro de cabazas", organizado pola profesora de Infantil para o alumnado de Infantil en colaboración coas familias .
.
miércoles, 25 de octubre de 2023
Obradoiro de Samaín
O alumnado de Primaria vai festexar o Samaín, entre outras cousas, cun obradoiro de elaboración de arañas , organizado polo equipo de biblioteca.
O próximo luns, haberá sesións de contacontos e levarán para casa a araña terrorífica....
miércoles, 27 de septiembre de 2023
CURSO 2023-24
Benvid@s a un novo curso!
Esperamos que disfrutedes da biblioteca , das actividades que se fagan ao longo do curso e sobre todo , da lectura dun bo libro...
O lema elixido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades "UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS", quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2023-2024 é obra de Jorge Campos ilutrador, arquitecto e artista do cómic. Un convite a pasear polas viñetas das nosas bibliotecas escolares e a xogar coas cubertas que van de man en man da comunidade educativa.
Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.
jueves, 8 de junio de 2023
Navegando con rumbo
Sesión informativa para o alumnado de Primaria sobre estratexias para navegar por internet con seguridade.
jueves, 25 de mayo de 2023
viernes, 19 de mayo de 2023
Charla de Ramón Veiga
Visita do escritor Ramón Veiga, dirixida ao alumnado do primeiro ciclo de Primaria o venres 19 de maio.
Estiveron a comentar o libro "Miñoca e pega", previamente lido polos rapaces. Ademais fixeron actividades manuais sobre a historia do libro.
Finalmente o escritor asinoulles os libros a cada un.
viernes, 12 de mayo de 2023
Vídeoconferencia sobre saúde bucodental
O 19 de maio o alumnado do primeiro ciclo e 5º de Primaria , tiveron na biblioteca unha videoconferencia sobre saúde bucodental.
Foi unha charla moi práctica na que a ponente deulles aos rapaces moitos consellos sobre o coidado dos dentes e a importancia de comer de forma saudable e de visitar ao dentista de xeito regular.
jueves, 11 de mayo de 2023
miércoles, 10 de mayo de 2023
Visita da escritora María Canosa
Hoxe visitonos a escritora María Canosa para comentar cos rapaces de 4º de Primaria o libro " As pombas de Bastian", libro que xa tiñan lido e que ademais o alumnado fixeran un traballo e exposición.
lunes, 8 de mayo de 2023
Visita da escritora Irene Alonso
Hoxe recibimos a visita da escritora Irene Alonso que veu ao centro para dar unha charla ao alumnado de 3º Primaria.
jueves, 4 de mayo de 2023
jueves, 27 de abril de 2023
Visita Salón do Libro
O 25 de abril o alumnado de Infantil, 1º e 3º de primaria, visitou en Pontevedra o Salón do Libro no que asistiron a un Contacontos moi divertido.
Como tódolos anos, poidemos darlle unha grande aperta á mascota do Salón do Libro.....
Semana do Libro
Para conmemorar o Día do Libro, 23 de abril, o equipo de Biblioteca organizou un reparto gratuito de exemplares para todo o alumnado do centro. Tiveron a oportunidade de facerse con libros de balde que estiveron expostos a súa disposición durante varios días no corredor principal.
jueves, 20 de abril de 2023
Visita da escritora Andrea Maceiras
Hoxe recibimos a visita da escritora Andrea Maceiras para compartir co alumnado do 3º ciclo de primaria o seu libro "A folla azul" que xa tiñan lido previamente.
jueves, 30 de marzo de 2023
Salón do Libro 2023
Este ano o Cpi do Toural participa coma hai moitos anos na XXIV edición do Salón do Libro de Pontevedra, este ano baixo o lema "Libros para xogar".
O noso centro participa cun traballo artístico feito polo alumnado e profesorado de Primaria en colaboración co Departamento de Tecnoloxía.
viernes, 24 de marzo de 2023
Charlas da Memoria Histórica de Vilaboa
O 24 de marzo Luís Bará veu ao centro para dar unha charla ao alumnado de 3º e 4º ESO sobre a recuperación da memoria histórica en Galicia. Aproveitou a ocasión para dar a coñecer a súa última publicación " Non deas a esquecemento" do que nos deixou un exemplar para disfrute de toda a comunidade educativa. Contounos relatos moi interesantes sobre o xenocidio fascista na contorna de Vilaboa e anécdotas moi curiosas sobre actos de resistencia e solidariedade levados a cabo por moitos veciños e veciñas da zona.
miércoles, 8 de marzo de 2023
Día Internacional da Muller
Conmemoramos este día tan especial , con actividades baixo o lema"Xuntas cambiamos o mundo".
Fixemos carteis conmemorativos e diferentes actividades que expuxemos no taboeiro da entrada ao centro . Tamén puxemos a disposición do alumnado diferente bibliografía relacionada coa muller.
Todo o alumnado do centro participou na elaboración dun vídeo conmemorativo que foi proxectado na biblioteca, durante toda a xornada.