O Festival Internacional de Curtas de Bueu leva 19 anos amosando traballos audiovisuais de todo o mundo ao público galego cada setembro. Como continuación da súa programación dende hai tres anos están a levar polos centros de ensino algunhas desas curtametraxes para así establecer o diálogo e o debate entre o alumnado, amosando temas que afectan principalmente á mocidade.
Logo da visualización de catro curtametraxes tivo lugar un debate sobre o que querían contar cada unha das curtas e como foi a proposta e a posta en escena delas.
O machismo, os trastornos alimentarios, a sororidade, o sexismo ou a igualdade foron algúns dos temas que apareceron nos filmes e que viñan de lugares como Bélxica ou Países Baixos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario