No mes de abril xurdiu a idea de facer Recreos de Conto. Desta maneira cada día un contador ou unha contadora leríalles e dramatizaría un conto para todos aqueles que quixesen escoitalo e, por que non dicilo, tamén vivilo.
A implicación de todas as persoas que conformamos a comunidade educativa do CPI do Toural foi absoluta e o éxito foi tal que non chegaron os días de abril e aínda tivemos que estender os recreos de conto ao mes de maio.
Léronse contos en galego, castelán, inglés e portugués e ademais continuouse co apadriñamento lector, actividade interciclos onde o cerne é a lectura compartida entre iguais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario